A sociedade foi inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións do Goberno Civil de Ourense co número 278, con data do 21 de febreiro de 1983, co nome de XUNTANZA DE MICÓLOGOS “OS COGORDOS”.
Elabóranse os estatutos e constitúese a Xunta Directiva. Fíxanse as cotas dos asociados e a integración da sociedade na Federación Galega de Micoloxía, que ten ámbito autonómico (acta do 20 de decembro do ano 1982), e establecéronse como lugar de reunión os locais cedidos polo Ateneo de Ourense. Os devanditos Estatutos adáptanse a Lei 1/2002 en data 4 de xuño de 2004.
No ano 1984 intégrase na Sociedade Galega de Micoloxía e organízase unha primeira exposición nos soportais da Praza Maior de Ourense, con grande afluencia de público. A dita exposición consolidouse como unha das principias actividades, e converteuse nun acto tradicional ó longo de tódolos anos, así como tamén o xantar anual a base de cogomelos, que inda segue a celebrarse, e que conta cunha grande aceptación.
A sociedade declárase unha entidade social sen fin de lucro, que financia as actividades coas cotas dos socios e as subvencións (pequenas) de entidades colaboradoras.
Figuran como presidentes:
D. Santiago Murias Romero (Comisión Xestora, anos 82 ó 84).
D. Antonio Ángel Alonso Sandoval (elixido por catro anos ó modificarse os Estatutos, no seu artigo 9) .
Dna. Aurora Lorenzana Lorenzana (Acta de 28/10/91), que dimite en Octubre de 1.996.
D. Juan José Martínez Álvarez, nomeado o 7/10/96 ata o 29/10/12.
D. José Luis Rico Simal, nomeado o 29/10/2012 que continúa actualmente.
ACTUAL XUNTA DIRECTIVA
Composición de la Junta Directiva resultante de las elecciones celbradas el 24/10/2022
PRESIDENTE: José Luis Rico Simal.
VICEPRESIDENTE: Antonio Saco Cid.
SECRETARIO: José Benito Laborda Álvarez.
VOCAIS: Juan José Martínez Álvarez, Concrepción Zuñiga González, Eladio Pateiro González, Juan Carlos Arias Conde, Pablo Santiago González Prieto, Iago Estevez Couceiro, David Fernández Calviño, Antonio Vázquez Sobrino, Fernando Fernández Martínez.